Proximas Actividedes |
I SIMPOSIO PRISCILIANO SANTIAGO 24,25 E 26 DE NOVEMBRO 2006. AUDITORIO DE GALIZA |

I SIMPOSIO PRISCILIANO
SANTIAGO 24,25 E 26 DE NOVEMBRO 2006.
AUDITORIO DE GALIZA
__________________________________
BREVE MEMORIA DAS ACTIVIDADES REALIZADAS POLA AGRUPACIÓN CULTURAL “O GALO” ENTRE 1961-2003
Ante a dificuldade de expor polo miúdo as actividades culturais desenvolvidas pola AC O Galo desde a sua constitución en 1961, destacaremos as máis importantes nestes 43 anos de actividade prácticamente ininterrumpida, feito que foi recoñecido polo concello de Santiago coa entrega ao Galo da medalla de prata do Concello pola sua labor e contribución ao desenvolvimento da Cultura galega.
Compre lembrar que a AC O Galo foi a primeira das Asociacións Culturais criadas no rexurdir do asociacionismo cultural dos anos sesenta.
A continuación detallanse as principias actividades sinalando o ano.
1961. Fundación e primeira manifestación do Galo. Mostra de 20 pintores galegos no Hostal dos reis católicos. Conferencia de Vicente Risco. Concero da Coral de Ruada (Ourense). Teatro “As Sillas” de Ionesco, pola compañía de afeicionados de Betanzos, dirixida por A. Naviera. Etapa de silencio por orde gubernativa ate ter aprobados os estatutos.
1964. Inicio do I curso de Gaitas en colaboración coa agrupación Folclórica “Cantigas e a Agarimos”. Creación da “Agrupación Dramática Galega”. Inicio do I Curso de Galego.
1965. Fallo do I premio Castelao de teatro Galego. Primeiro premio: “A Revolta” de Xenaro mariñas del Valle. Mencións honoríficas: “A luz non volve atrás” de Xosé Manuel María del Valle. A “cadea da vida” de Xaquín Neira Vilas.
1966. Inicio da campaña do Peso para recabar fondos para o III premio Castealo de Teatro Galego. Primeiro premio: Deserto. Mencións honoríficas: “Gaivotas de vidro” de Alfonso Gallego Vila. “Fondo Camiñar” de Xaquin Neira Vilas.
1967. Campaña do Peso para o IV premio Castelao de Teatro galego. Primeiro Premio: “Un hotel de primeira sobre o río” de Xoana torres.
1974. I Mostra de Cómic Galego: con Xosé Díaz, Xesús Campos, Raimundo Patiño, Xaquín Marin , Pepe Barro e outros. Recital de Miro Casabella. Recital de Luis Cilia. No 17 de Maio: exposición-venta de libro galego.
1975. festival de Fol. Galego. Participan: Miro Casabella, Emilio Cao, Bibiano, Jei Noguerol, Emiliop Batallán, e outros. Organizado conjuntamente coa AC “O Eixo”. No 11 de Maio: exposición e venda de libro galego.
1981. Exposición da obra de Carlos Varela. Exposición no museo do Pobo Galego sobre “Prensa Galega na clandestinidade” Recital poético contra o decreto de bilingüismo. Organización dunha comparsa para o Antroido.
1982. Creación do cine-clube “Carlos Varela Veiga”, como estrutura asociada á Agrupación cultural.
1983. I Xornadas Ecolóxicas en colaboración coa Caixa Galicia. Realización dos I encontros do Galo. Organización, xunto con outras entidades cidadáns e culturais, do Antroido. Organización da I carreira en defensa do noso idioma.
1985. Festival de Lluis Llach no polideportivo da cidade. Paticipación e organización do Antroido e na II carreira en defensa do noso idioma.
1986. Ciclo de conferencias sobre “Castelao: pensamento político”. Representación Teatral do Grupo Brasileiro “Arte livre”, da obra “Amar verbo intransitivo”. Organización Xunto con outras entidades culturais da I carreiraq en defensa do noso idioma e do Antoido/86. Criada a “Escola de monicreques” e a compañía de monicreques “tartaruga”. Apresentación pública do Audiovisual sobre Castelao feito pola Asociación.
1987. Representación por distintos bairros, a cárrego da compañía de monicreques “Tartaruga”, da obra de Manuel Maria “Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo”. Apresentación do Premio Blanco amorde Literatura: “A canción do vagamundo” de Lois Diéguez. Organización conxunta das “I Xornadas sobre servizos sociais en compostela”
1999. Xornadas sobre a historia da cidade de Santiago. Campaña de recollida de sinaturas solicitando apertura ao público do Panteón Real da Catedral. Edición da Revista semestral “O Galo” que continua con esta perioricidade ate a actualidade con temas monográficos sobre a cultura galega, o noso patrimonio ehistoria. Organización da Homenaxe Nacional a Uxio Novoneyra, e edición dun cartafol coa participación de numerosos persoeiros da cultura Galega. Elaboración dunha montaxe audiovisual en torno á vida e obra de Novoneyra en colaboración coa AS-PG.
2000. II Xornadas sobre a historia de Santiago, con adicación especial ao patrimonio arquitectónico e a tradición de lendas e contos de transmisión oral.
2002.17 de Maio: Recital de cantares de cego a cargo dos compoñentos do grupo Fok “A Quenlla”, Mini e Mero.Conferencias arredor da figura de Pedro Pardo de Cela. Retomanse os cursos de gaita, pandeireta, canto, e teatro.
2003. Representación dun espectáculo de contacontos, utilizando como tema contos e lendas tradicionais de Santiago, por institutos e bairros da cidade. Excursión,visita e roteiro por Pontevedra con motivo do ano Bóveda.Xornadas de Historia, arredor do tema “O Castelo da Rocha”. Edición dun DVD sobre as loitas ecoloxistas en Galiza.