Proximas Actividedes |
I SIMPOSIO PRISCILIANO SANTIAGO 24,25 E 26 DE NOVEMBRO 2006. AUDITORIO DE GALIZA |

I SIMPOSIO PRISCILIANO
SANTIAGO 24,25 E 26 DE NOVEMBRO 2006.
AUDITORIO DE GALIZA
Ao frente de todos [os imortais galegos] vai Prisciliano, o heresiarca decapitado(...).
CASTELAO
O Priscilianismo, ninguén o cuestiona, é un feito histórico de suma importancia tanto desde as hipóteses ou teses que o consideran como un simple herexe do cristianismo, como desde a de quen o consideramos un herexe do poder político, ou sexa, alguén que non comungaba coas ideas estabelecidas polo poder político da época.
Quizais a conversióndas dúas teses nos sitúe nunha aproximación máis ampla do problema. Entre os estudos do tema parece haber coincidencia en que a cuestión pode ser abordada desde múltiples visións, a máis extendida até hoxe é a de simple herexe relixioso. Nós propugnamos, tamén o teñen feito outros analistas, aprofundizar nun camiño pouco estudado: herexe político con claras bases populares na Gallaecia, en fin, un movemento socio-político de grande transcendencia e cuns patróns, en algúns casos semellantes, aos que nos toca vivir a nós.
Queremos indagar na Gallaecia do momento. Era ou non a zona xeográfica mais poboada da península, e cal era o seu poder político, social e económico dentro do contexto peninsular? Formouse nesta época, coa caída do imperio romano e a formación do reino suevo, a nación galega, que papel tivo o priscilianismo en todo isto? Foi ou non, o priscilianismo, un movemento popular, gallaeciano e cun claro contido social? Non esquezamos a presión impositiva que tiñan os romanos sobre a Gallaecia. Porque é o propio emperador Máximo quen toma partida no asunto e decapita en Tréveris aos representantes do priscilianismo? Estaba en xogo ou nono poder político estabelecido e a estruturas territoriais na península?
Os priscilianistas decapitados son traídos aGallaecia e son venerados durante moitos séculos como libertadores, máis tarde prohíbese e terxiversase tal veneración coa lenda acientífica e ilusionista do enterramento de Santiago. Cal é a historia verdadeira do enterramento da catedral de Santiago, estamos ou non anteunha das maiores falsificacións da historia realizadas polos poderes politicos e eclesiasticos e cal é a razón?
Aproximarnos a este coñecemento faranos máis conscientes da nosa realidade e aportaranos lucessobre o que somos e porque somos como somos colectivamente.


